Benvidas e benvidos a Son Ciencia: o club de ciencias do IES de Porto do Son! Esta comunidade nace para achegar ao alumnado a metodoloxía científica, poñer en valor a importancia do coñecemento do medio a través da indagación (formulación de preguntas e procura de solucións ás mesmas) e a divulgación da ciencia. Con estas premisas e a profunda convicción de que calquera dos aportes da comunidade educativa é fundamental para camiñar na construción dunha cidadanía responsable, participativa, crítica e tolerante no IES Porto do Son animámonos no curso 21/22 a poñer en marcha este espazo compartido con todas e todos vós.
